Qué conseguimos?
1. Ser un club singular e plural á vez, de
estrutura horizontal, no que cada persoa é esencial, porque facilita e
enriquece o funcionamento do mesmo, de
múltiples maneiras: propiciando o intercambio de libros no seu lugar de
traballo, contactando con escritora/es para que veñan comentar con nós as súas
obras, conducindo os coches que nos levan de viaxe, abríndonos as portas da súa
casa, parada e fonda, nunha delas, convidándonos a exposicións e concertos na
súa tenda, sendo quen de dotar, por primeira vez en oito anos, ao Club dun
blog, doando libros para a biblioteca, asegurando a continuidade do Club en momentos complicados... a lista non é exhaustiva.
2. Xerar iniciativas culturais que transcenden ao Club: Os Cafés de Idiomas, que
naceron ao seu abeiro, reúnen tódolos xoves de 8h00 a 9h30 da noite, dende
hai tres anos, a rapaces e adultos, para
falar cada semana alternativamente, de xeito informal, en francés e inglés.
3. Crear, ó redor da lectura, un
espazo vivo, xerador de coñecementos, afectos e emocións.