1. Ser un club singular e plural á vez, de
estrutura horizontal, no que cada persoa é esencial, porque facilita e
enriquece o funcionamento do mesmo, de
múltiples maneiras: propiciando o intercambio de libros no seu lugar de
traballo, contactando con escritora/es para que veñan comentar con nós as súas
obras, conducindo os coches que nos levan de viaxe, abríndonos as portas da súa
casa, parada e fonda, nunha delas, convidándonos a exposicións e concertos na
súa tenda, sendo quen de dotar, por primeira vez en oito anos, ao Club dun
blog, doando libros para a biblioteca, asegurando a continuidade do Club en momentos complicados... a lista non é exhaustiva.
2. Xerar iniciativas culturais que transcenden ao Club: Os Cafés de Idiomas, que
naceron ao seu abeiro, reúnen tódolos xoves de 8h00 a 9h30 da noite, dende
hai tres anos, a rapaces e adultos, para
falar cada semana alternativamente, de xeito informal, en francés e inglés.
3. Crear, ó redor da lectura, un espazo vivo, xerador de coñecementos, afectos e emocións.
Grazas, por este traballo, que permite visibilizar, por primeira vez en oito anos, o do Club de Lectura "María Mariño". Ana.
ResponderEliminarAgora non temos disculpa para non saber as datas das próximas reunións ou libros que temos para ler.
ResponderEliminarMoitas gracias por este traballo tan ben estruturado e que nos proporciona a información que podamos necesitar.
Quero mostrar dende aquí a miña satisfacción por compartir con vos moitos e bos momentos.
Bo 2017.
Chelo.