A Casa das Hortas de Manuel Maria foi o nosa primeira parada nesta viaxe. Entón si cobraron sentido os versos e aumentou o interese por estas figuras senlleiras. E coñecer as Penas de Rodas, unha paraxe única e absolutamente ignorada, resulta unha vivencia extraordinaria, que paga a viaxe, aínda que chova a mares sobre o mar das baleas, e sexa longo o camiño ata a Pena da Trabe de Ouro e a de alcatrán, maxestosamente ergueitas no medio dos piñeiros.
A viaxe á Terra Chá veuse complementada por outra, ideada para o curso pasado, (e logo
adiada) cando limos En vías de extinción de María Reimóndez. Decidimos entón ir aos Ancares.
Esta Galicia interior, absolutamente descoñecida para algunhas de nós, porque non cadra de
paso á ningunha parte, forma parte da nosa identidade profunda, fálanos do valor da nosa
cultura ancestral, da importancia da conservación da natureza, e resulta tan fascinante como
unha partida en busca das orixes. E Piornedo foi o noso campamento base.
Contemplando estas paraxes agrestes, resulta máis crible a personaxe de Gaia, de En vías de
extinción. Antes de abandonar a serra, unha subida ao Porto de Ancares. E para rematar a
viaxe, unha visita ao Cebreiro, punto de partida en Galicia do Primeiro Itinerario Cultural
Europeo, o Camiño de Santiago. Na xoia prerrómanica de Santa María a Real o chamado Cáliz
do Graal e Biblias en case cincuenta linguas diferentes, entre elas o esperanto.
En Gaioso ollando á Cha
hai duas penedas ergueitas
redondeces tan ben feitas!
As Penas de Rodas
son
dous ollos alucinados
que espían con atención
os eídos mais alongados
Se ambas penas se desfán
arde, co mundo, un tesouro:
¡unha pena é de
alquitrán,
a outra, unha trabe de ouro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario