O Club María Mariño non podía faltar ao evento, aínda que debera adiar unha semana a reunión da lectura prevista.
Resulta moitas veces difícil concertar unha cita para acudir "en masa" a unha sesión de Cineuropa. A miúdo son tres ou catro as espectadoras do Club quen van xuntas, ou en diferentes días, ver a mesma película, como sucedeu con An, unha xoia de tenrura, Virgin Mountain que recibiu o eloxio unánime das asistentes, ou 45 years. Entón establécese un interesante diálogo sobre esta outra maneira de ler o mundo. Pero o "gran grupo" só atopou unha data posible, o 29 de novembro: Francofonía, non acadou certamente a unanimidade: para unhas, crítica positiva desta reflexión sobre a arte que leva a dous homes de bandos opostos a entenderse para salvar un patrimonio da Humanidade, os tesouros do Louvre. Para outras un aburrimento total.
Ningún comentario:
Publicar un comentario