Ao calor deste club, naceron outras
actividades que teñen que ver con iniciativas
solidarias, como son a invitación á participación en actividades culturais ás
que algunha asiste (concerto da Orquestra Sinfónica de Compostela), organiza (exposición
"Corpóreas"), ou coñece (a celebración do S. Xoán en
Castrolandín).
"Corpóreas" é un
proxecto de arte e moda, levado a cabo por unha das lectoras do Club, no seu establecemento
comercial, en homenaxe a dez grandes artistas dos séculos XX e XXI que
inspiraron a súa produción en obxectos ou paisaxes da vida cotiá, como Maruxa
Mallo, Georgia O'Keeffe ou Tamara de Lempicka.
MARUXA MALLO |
A celebración do S. Xoán de Castrolandín supuxo a recuperación da tradicional Festa dos Fachos, que podedes coñecer a través desta fermosa reportaxe: Festa dos Fachos de Castrolandín, Conectando séculos
Ningún comentario:
Publicar un comentario