Amosando publicacións coa etiqueta viaxes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta viaxes. Amosar todas as publicacións

FEIRA DO LIBRO DE TORINO


Unha das nosas lectoras estivo, tamén en Maio, na Feira do Libro de Torino. E volveu abraiada. Da cantidade de nenos que alí había, con mestras e mestres e espazos especiais para eles,  editoriais de diversos países, e moitísimo público. Espazos para conferencias, e a presenza de escritores, como Michela Murgia, a autora de La acabadora, que tanto nos gustara hai anos. Espectaculares os carteis que anunciaban o evento e as postais
de libros editados.


Viaxe à MARIÑA LUCENSE

Para compartir. Para tecer lazos de amizade. Para descubrir. Para preparar próximas lecturas.

Para iso fomos á Mariña Lucense, un fin de semana de xuño, onda a nosa amiga Eva Méndez que nos invitou a compartir casa e xantar, praias e vilas, rutas para facer no outono e versos de Luz Pozo Garza. Porque hai máis familias que as de "sangue", como aprendemos este ano.




Ribeira Sacra

24 setembro 2016:
Como primeira  actividade complementaria  recorremos a Galiza interior, achegándonos á Ribeira Sacra, os Peares e as Ermidas, no Tren Turistico, que nos permitiu viaxar a todas xuntas e disfrutar da paisaxe.

O tren turístico


Rura do Viño de Valdeorras

As Ermidas
  Descubrimos os poemas gráficos nos Peares: murais de Xoana Almar e Miguel Peralta. Nos falan da emigración á que se viron abocadas as familias destas comarcas


"A Galicia asolagada emigra
Primavera galega
Non tardes en chegar"

Mural xunto ás vías do tren cunha alegoría da emigración
mural xunto ás vías do tren cunha alegoría da emigración


As andoriñas









Oitos murais suavizan a difícil paisaxe arquitectónica : 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/11/06/os-peares-enchese-andorinas/0003_201611M5C12991.htm

Da CASA-MUSEO MANUEL MARÍA ata OS ANCARES

A Casa das Hortas de Manuel Maria foi o nosa primeira parada nesta viaxe. Entón si cobraron sentido os versos e aumentou o interese por estas figuras senlleiras. E coñecer as Penas de Rodas, unha paraxe única e absolutamente ignorada, resulta unha vivencia extraordinaria, que paga a viaxe, aínda que chova a mares sobre o mar das baleas, e sexa longo o camiño ata a Pena da Trabe de Ouro e a de alcatrán, maxestosamente ergueitas no medio dos piñeiros.
A viaxe á Terra Chá veuse complementada por outra, ideada para o curso pasado, (e logo adiada) cando limos En vías de extinción de María Reimóndez. Decidimos entón ir aos Ancares.
 Esta Galicia interior, absolutamente descoñecida para algunhas de nós, porque non cadra de paso á ningunha parte, forma parte da nosa identidade profunda, fálanos do valor da nosa cultura ancestral, da importancia da conservación da natureza, e resulta tan fascinante como unha partida en busca das orixes. E Piornedo foi o noso campamento base.
Contemplando estas paraxes agrestes, resulta máis crible a personaxe de Gaia, de En vías de extinción. Antes de abandonar a serra, unha subida ao Porto de Ancares. E para rematar a viaxe, unha visita ao Cebreiro, punto de partida en Galicia do Primeiro Itinerario Cultural Europeo, o Camiño de Santiago. Na xoia prerrómanica de Santa María a Real o chamado Cáliz do Graal e Biblias en case cincuenta linguas diferentes, entre elas o esperanto.



En Gaioso ollando á Cha  
hai duas penedas ergueitas   
¡Semean non ser verdá
redondeces tan ben feitas! 
As Penas de Rodas son 
dous ollos alucinados 
que espían con atención 
os eídos mais alongados 
Se ambas penas se desfán 
arde, co mundo, un tesouro:
¡unha pena é de alquitrán, 
 a outra, unha trabe de ouro!