Unha das nosas
lectoras estivo, tamén en Maio, na Feira do Libro de Torino. E volveu abraiada.
Da cantidade de nenos que alí había, con mestras e mestres e espazos especiais
para eles, editoriais de diversos
países, e moitísimo público. Espazos para conferencias, e a presenza de
escritores, como Michela Murgia, a autora de La acabadora, que tanto nos gustara hai anos. Espectaculares
os carteis que anunciaban o evento e as postais
de libros editados. 
Ningún comentario:
Publicar un comentario