Este relato pódese ler como unha homenaxe ao libro de Camus, O Estranxeiro, ou tal vez como un
espello onde a imaxe reflectida xa non é a do asasino Meursault senón a do asasinado.
A estrutura do libro reflexa, desde a primeira frase, una postura oposta á da novela á que fai
referencia. Coa intención de rehabilitar ao irmán morto, o narrador revela o terrible peso da memoria do desaparecido.
Con esta obra, Daoud, tamén nos fai entrever o final do colonialismo e a vinganza contra o opresor, á
vez que critica o extremismo da sociedade actual.
A maioría das lectoras xa tiñan lido O Extranxeiro. Ás dúas que non o fixeran iso non lle impediu a apreciación nin a
comprensión de Meursault, Caso
Revisado, aínda que botaron de menos non coñecer a historia completa.
Un libro moi ben escrito, que merece a pena ler.
Ningún comentario:
Publicar un comentario