"Aquel non coñecera ao seu pai,
pero faláballe del a miúdo, cun aquel mitolóxico, e en todo caso, no momento
preciso, soubera substituír a ese pai. Por iso Jacques non o esquecera nunca.
(…) Pois o Señor Bernard, o seu mestre o ano do certificado de estudos, pesara
con todo o seu peso de home, nun momento dado, para modificar o destino daquel
neno que tiña ao seu cargo, e, de certo, modificárao."
O libro
por excelencia deste curso foi El primer hombre de Camus, suxerido por
unha das lectoras. Publicado moitos anos despois da súa morte, debería, na
nosa opinión, figurar en todas as
bibliotecas escolares. Porque nel elévase á categoría que lle corresponde ao
mestre laico, implicado ata o final na educación dos seus alumnos, e que logra
a verdadeira función de ascensor social que ten a escola.
El primer hombre abraiounos a todas. E a
imaxe dun Camus distante e frío, que contén as emocións ao describir a
Meursault en O estranxeiro, fundiuse coma a neve ante este relato, en
borrador, da súa infancia. Conmoveunos profundamente a pobreza dunha familia
para quen dous céntimos supoñen cartos, na que os adultos se esforzan para
procurar aos nenos unha existencia digna e estes viven felices nunha terra
vibrante de sol, con tal de poder correr ás súas anchas, ir á praia, xogar cos
amigos e ler. A lectura como táboa de salvación, como porta de acceso á
cultura, como medio de vida para mellorar a situación dos demais, e para
alcanzar incluso as máis altas cotas do prestixio literario. E o agradecemento
eterno a quen lle deu a aquel neno a posibilidade de seguir estudando, de quen
creu nel e lle abriu o camiño do futuro.
Camus un gran escritor e un gan home
ResponderEliminar