Non é a lírica o xénero máis atractivo para as lectoras do Club. Entregarlles, xa que logo, unha
antoloxía poética é, salvo en raras excepcións, correr o risco de que o libro apenas se follee.
Por iso a responsable do Club fai sempre unha selección que reparte en fotocopias,
procurando que estean representadas a meirande parte das obras do autor seleccionado, os
temas principais (neste caso o Amor, a morte, a crítica social, a emigración, a lingua, a Terra
Chá), e que os poemas escollidos interpelen directamente a quen os le. Pero nin así.
O verdadeiro interese pola obra prodúcese cando se visita a casa do poeta e se andan
as sendas que el andou.
A xenciana, unha
das flores predilectas de Manuel María
Ningún comentario:
Publicar un comentario