"Los agujeros de la vida son permanentes. Hay que crecer alrededor de ellos y amoldarse a los huecos, como las raíces de los árboles en el hormigón."
Por unha vez cedemos á tentación de ler un best-seller, e de seguir a La chica del tren,
imaxinando a vida dos habitantes dos lugares que atravesa a diario, no camiño a un
traballo perdido meses atrás. As complicadas relacións entre os protagonistas, a
importancia da mensaxería electrónica na actualidade, a superposición de vidas
imaxinadas e reais, o empeño en descubrir unha realidade intuída nun mínimo
relampo de percepción, e sobre todo, o lento proceso de recuperación dunha persoa
adicta á bebida que intenta, en vano, recordar actos que non cometeu e dos que
outros a acusan, parécenos que ten un indubidable valor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario