"éste es mi libro y estoy escribiéndolo con mi propia mano."
Mary é unha nena de quince anos que vive coas
súas irmás, seus pais e o seu avó nunha granxa da Inglaterra rural
de 1830. Ten o pelo da cor do leite e un problema nunha perna. Vive leda, malia
a súa pobreza e o traballo de sol a sol, co amor que recibe do seu avó. A
felicidade para ela non comporta grandes esixencias, e os malos tratos do seu
pai non son motivo para querer abandoar a súa familia. Por iso, cando ten que
ir traballar á casa dun vicario para atender a súa muller enferma,
séntese moi triste. As comodidades da súa nova morada non logran borrar a
nostalxia do fogar.
Unha cousa si aprende alí: a ler e escribir. Así
pode contar a súa historia, descrita dun xeito sinxelo, con moita sensibilidade
e belleza, transformando as raias negras que vai trazando no testemuño da súa
vida.
Nell Leyson consegue a proeza de deixar que sexa
Mary quen escriba o libro, representando
cunha exquisita sensibilidade a vida dunha nena de quince anos
capaz de ver, aprender e sentir o que moitos non somos quen de imaxinar.