Velaquí as películas que fumos ver, unha, dúas ou varias lectoras.
Recomendacións que vos deixamos por se acaso pasan de novo en sala. http://cineuropa.gal/2017/peliculas
SONAR, de J.P. Martín, unha espléndida producción franco-arxelina.
Thomas, un enxeñeiro de son atrapado na melancolía dun amor frustrado,
fai retratos sonoros das persoas que o marcan. Entre elas Amina, unha moza
marroquina cuxa verdade se empeñará en sacar á luz. Porque os prexuizos falsean
á imaxe da xente.
Unha película imprescindible.
L'ATELIER ( O obradoiro de escritura) de Laurent Cantet.

O pretexto da creación dunha novela policíaca levará ao grupo a por de
manifesto as preocupacións que os sacoden e a descubrir a personalidade de
cadaquén, a cuestionar o liderazgo da escritora e mesmo á criticar o seu
estilo.
E unha noite de lúa chea á acción devén en suspense. O desenlace demostra
que o traballo do obradoiro non foi en van.

LUCKY de John Carroll Lynch
Pouco antes
de morrer en septembro de 2017 aos 91 anos, o actor estadounidense Harry Dean Stanton ofrécenos a
maxistral interpretación dun habitante dun pobo dos Estados Unidos, que realiza
as súas tarefas cotiás, con total e absoluta libertade, logrando compartir
afectos e tenrura con veciños da súa
idade e mesmo moito máis novos. A súa interpretación da canción "Volver,
volver" transmite a misma delicada emoción que a paisaxe de cactus por
onde pasea a tartaruga perdida do seu amigo. Un film digno de ser visto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario