O 3 de marzo asistimos en Noia a representación da
obra Elisa e Marcela por parte da
Compañía de Teatro A Panadaria. A
historia desta parella de mulleres que consigue casar pola igrexa no ano 1901,
facéndose pasar unha delas por home, ofrece unha posta en escena espectacular. Como é tradicional nesta compañía, abonda
cunha mínima escenografía para encher de emoción, de danza, musica e xogos de
luces, a representación. Asombra sempre a capacidade destas tres actrices para
bordar tódolos rexistros.
Cando se está a dar tanta transcendencia á próxima
película de Isabel Coixet, que vai xirar en torno ao primeiro matrimonio
homosexual do que se ten noticia en España, éste, parécenos importantísimo pór de relevo o
excelente traballo de A Panadaría. Encantounos a tódalas persoas do Club que
asistimos á representación. Elisa e Marcela percorre Galicia dende o mes de outubro, con gran
éxito.
Para
máis información deixámosvos o seguinte enlace:
http://www.pikaramagazine.com/2018/01/elisa-e-marcela-a-panadaria/
Ningún comentario:
Publicar un comentario