FLORILEXIO DE LIBROS


Dende que se oficializou o nomeamento de Ana Romaní como nova Académica da Lingua Galega  tentamos buscar unha data para transmitirlle os nosos parabéns,  invitándoa a compartir unha das nosas reunións,   lendo unha antoloxía dos seus versos e comentándoa con ela. Pero compromisos profesionais fixeron que a xuntanza se adiara ata o curso próximo.

Por iso decidimos que nesta última convocatoria do ano cadaquén presentara un libro, ou expuxera a súa opinión sobre algunha das suxestións feitas ao longo do curso. 
O noso lector, historiador, prometera darnos a coñecer  A rebelión dos servos  de J. Casanova, aínda que finalmente non puido vir. Unha das lectoras fixo a crítica de  La banda de los niños  de Saviano, que non lle gustou. Outra propuxo Fiesta en la madriguera  de J.P. Villalobos, unha primeira novela moi breve pero intensa. A terceira prestounos   Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de A. Portalbes, de fácil lectura, que lle encantou. Houbo ademais outras recomendacións: Una ciudadana ejemplar , Lidia Chukóvskaia, de S. Petrovna,  El orden del día de E. Vuillard , Madona con abrigo de piel  de S.Ali e La isla secreta de  X. Moret.  Todas elas,  unidas á La casa de cristal de Simon Marwer, 4,3,2,1 de Paul Auster, Comunidad de Ann Pachet, Ronda nocturna de Sara Waters, El hombre que amaba a los perros e Herejes de Leonardo Padura, e os poemas de Ana Romaní poden alegrarnos moitas horas do verán. 
E de aí quizá saia tamén  parte da escolma do ano próximo.  
Bo verán a todas as lectoras e lectores!

Ningún comentario:

Publicar un comentario