Cine, Festival de Cineuropa, cine y más cine por favor…

Este primer trimestre do curso 2016-2017 aproveitamos cada ocasión para xuntarnos e ir ao cine: 
En outubro, ver La chica del tren, e O Porvir. No primeiro caso tiñamos curiosidade por coñecer a versión cinematográfica do libro lido o ano pasado. En grupo, acudimos o sábado 15 de outubro, aos recuperados  Cines Compostela.

Tamén en outubro O Porvir, a historia dunha parella de profesores de filosofía, cuxa longa vida en común toca ao seu fin …  Vímola en distintas datas, varias persoas, e gustounos moito.

E Novembro é o mes de Cineuropa. Só conseguimos ir xuntas ao Teatro Principal:   El Ciudadano  Ilustre, encantounos, polo seu humor e fina ironía. 
Ma Loute , dunha fantasía desconcertante, non nos gustou. 





SEIQUE, Susana Sánchez Arins



"se foi assim de mau com os irmãos e irmãs, como seria com os de fora ..."




Este martes, 15 de novembro, o Club de Lectura recibiu a visita de Susana Sánchez Aríns, a autora de "Seique". A descuberta de Seique foi una bafarada de aire puro, un deses libros que fan historia nun Club.
Trátase da historia dunha familia, a súa, contada dun xeito poético, divertido e durísimo á vez, nunha loita tenaz contra a des-memoria, para ousar revelar a verdade, tanto tempo agochada,de personas cuxa conduta nos tempos do franquismo se intentou esquecer. 
Un libro excepcional que vos recomendamos absolutamente.

MEURSAULT, CASO REVISADO, Kamel Daoud

"Ella mentía no por voluntad de engañar, sino para corregir la realidad y atenuar lo absurdo que azotaba su mundo y el mío"


Este relato pódese ler como unha homenaxe ao libro de Camus, O Estranxeiro, ou tal vez como un espello onde a imaxe reflectida xa non é a do asasino Meursault senón a do asasinado.

A estrutura do libro reflexa, desde a primeira frase,  una postura oposta á da novela á que fai referencia. Coa intención de rehabilitar ao irmán morto, o narrador revela o terrible peso da memoria do desaparecido. Con esta obra, Daoud, tamén nos fai entrever o final do colonialismo e a vinganza contra o opresor, á vez que critica o extremismo da sociedade actual.

A maioría das lectoras xa tiñan lido O Extranxeiro. Ás dúas que non o fixeran  iso non lle impediu  a apreciación nin a comprensión de Meursault, Caso Revisado, aínda que botaron de menos non coñecer a historia completa.

Un libro moi ben escrito, que merece a pena ler.


Teatro, TARTUFO

"Somos facilmente enganados por aqueles a quen amamos "

O Centro Dramático Galego estreou no Salón Teatro de Santiago a obra de teatro de Molière Tartufo.
Tartufo o mentireiro, o impostor, o hipócrito...irrumpe nun piadoso fogar burgués.
Algunhas de nós disfrutamos desta peza. Moi boa interpretación. As dúas horas pasaron voando.
A representación é moi dinámica, o que fai a obra amena.
E non podemos deixar de lembrar a cantos "tartufos" seguimos atopando hoxe en día.

Ribeira Sacra

24 setembro 2016:
Como primeira  actividade complementaria  recorremos a Galiza interior, achegándonos á Ribeira Sacra, os Peares e as Ermidas, no Tren Turistico, que nos permitiu viaxar a todas xuntas e disfrutar da paisaxe.

O tren turístico


Rura do Viño de Valdeorras

As Ermidas
  Descubrimos os poemas gráficos nos Peares: murais de Xoana Almar e Miguel Peralta. Nos falan da emigración á que se viron abocadas as familias destas comarcas


"A Galicia asolagada emigra
Primavera galega
Non tardes en chegar"

Mural xunto ás vías do tren cunha alegoría da emigración
mural xunto ás vías do tren cunha alegoría da emigración


As andoriñas









Oitos murais suavizan a difícil paisaxe arquitectónica : 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/11/06/os-peares-enchese-andorinas/0003_201611M5C12991.htm

calendario 2016/2017

O calendario das lecturas e das actividades para o curso 2016/2017 :
 

un adianto das nosas lecturas

De volta Lectoras e Lectores

21 setembro 2016 :
Empezando o curso coa preparación dunha viaxe a Ribeira Sacra
Mentres entregamos o primeiro libro "Meursault, caso revisado" de Daoud Kamel.