No transcurso da conmemoración do 850 aniversario da Carta Puebla
fundacional de Noia, a arqueóloga Manuela Mato, compañeira nosa no Club
de lectura, pronunciou unha interesantísima conferencia sobre o asentamento da
poboación noiesa, dende a alta Idade Media ata a Idade Moderna, centrándose
especialmente em "Totum Bonum e o seu territorio". A
conferencia estivo ilustrada polas espléndidas acuarelas de Domingo Filgueira
Lado: "Noia prima. Totum Bonum".
Manuela foi a única muller participante neste ciclo de conferencias, e
rematou a súa exposición reividincando unha meirande representación feminina na
seguinte efeméride.
Moitos parabéns para ela e para o ilustrador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario