
Coma tódolos anos no transcurso da Semana Cultural, Noia ten unha cita co
teatro, do máis alto nivel, da man dun elenco de actrices este ano ( e actores,
tamén, nos pasados) que se entregan durante todo un ano, co seu profesor,
tradutor da obra e director, para brindar ao público, no espazo dunha noite,
un espectáculo case profesional.
Verán en decembro é unha reflexión sobre os
problemas da sociedade actual: a convivencia no fogar de catro xeracións de
mulleres, que afrontan, día a día, traballo precario, relacións amorosas pouco
satisfactorias e o coidado dunha avoa dependente, con todo o afecto e as
tensións que tal situación xera, nunha familia na que somos quen de
recoñecérmonos cada un(ha) de nós . Trátase do soño de fuxir, en medio
dun inverno tan prolongado, cara un verán liberador, que chega finalmente
de xeito sutil e inesperado, botando por terra calquera consideración previa.
E unha vez máis, Carlos consegue facer do teatro unha arma potentísima de
expresión, capaz de liberar a palabra nos seus artistas. Resulta un auténtico
luxo ver a estas rapazas dominar a escena e percibir a súa alegría ao facelo.
Moitísimos parabéns para toda a "troupe".
Ningún comentario:
Publicar un comentario