Dende que se oficializou o nomeamento de Ana
Romaní como nova Académica da Lingua Galega tentamos buscar unha data para transmitirlle
os nosos parabéns, invitándoa a
compartir unha das nosas reunións,
lendo unha antoloxía dos seus versos e comentándoa con ela. Pero
compromisos profesionais fixeron que a xuntanza se adiara ata o curso próximo.
Por iso decidimos que nesta última convocatoria
do ano cadaquén presentara un libro, ou expuxera a súa opinión sobre algunha
das suxestións feitas ao longo do curso.
O noso lector, historiador, prometera
darnos a coñecer A rebelión dos servos de
J. Casanova, aínda que finalmente non puido vir. Unha das lectoras fixo a
crítica de La banda de los niños de
Saviano, que non lle gustou. Outra propuxo Fiesta
en la madriguera de J.P.
Villalobos, unha primeira novela moi breve pero intensa. A terceira
prestounos Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de A. Portalbes, de
fácil lectura, que lle encantou. Houbo ademais outras recomendacións: Una ciudadana ejemplar , Lidia
Chukóvskaia, de S. Petrovna, El orden del día de E. Vuillard ,
Madona con abrigo de piel de S.Ali e La isla secreta
de X.
Moret. Todas elas, unidas á La
casa de cristal de Simon Marwer, 4,3,2,1
de Paul Auster, Comunidad de
Ann Pachet, Ronda nocturna de
Sara Waters, El hombre que amaba a los
perros e Herejes de
Leonardo Padura, e os poemas de Ana Romaní poden alegrarnos moitas horas do
verán.
E de aí quizá saia tamén parte da
escolma do ano próximo.