O desexo de entender a sociedade na que vivimos determinou en grande medida as lecturas deste curso 2015-2016:
O EDIFICIO YACOUBIÁN, A. Al Aswany
“Los antiguos mayordomos y los criados vendieron sus cuartuchos a emigrantes pobres venidos del campo…”
“La azotea no tardó en parecerse a cualquier otra comunidad popular egipcia. Los niños correteaban descalzos y semidesnudos por los rincones de la terraza. Las mujeres pasaban el día calentándose y contándose cotilleos al sol.”
“La azotea no tardó en parecerse a cualquier otra comunidad popular egipcia. Los niños correteaban descalzos y semidesnudos por los rincones de la terraza. Las mujeres pasaban el día calentándose y contándose cotilleos al sol.”
Rematamos as lecturas deste curso cunha das novelas máis
vendida en lingua árabe, traducida ó galego (e a case trinta linguas máis), e que se desenvolve no Cairo. Porque
mostra a radicalización dun adolescente probe, á causa das inxustizas que sofre, e
relata a condición feminina nun país corrupto, de maneira tan soberbia que a algunhas
lectoras lles custou traballo rematalo.
Do Club forma parte tamén unha ex traballadora dun grupo editorial español. E cando
comentamos o último libro do curso (que se publicou en Francia en 2006, en España en 2008 e en Galego en 2013) que fora escollido precisamente en librería pola atención
que suscitou a primeira vista a súa portada, sinalamos a relevancia que estas teñen: a da
edición francesa céntrase no rapaz cuxa evolución se narra, a española na sociedade de
cidadáns anónimos, perfectamente representada no libro, e a terceira responde ó que cremos
é a liña editorial de Rinoceronte: deixar todas as posibilidades abertas ante o lector (Para ela a primeira é , indubidablemente, a que máis atractiva.).
LA CHICA DEL TREN, P. Hawkings
"Los agujeros de la vida son permanentes. Hay que crecer alrededor de ellos y amoldarse a los huecos, como las raíces de los árboles en el hormigón."
Por unha vez cedemos á tentación de ler un best-seller, e de seguir a La chica del tren, imaxinando a vida dos habitantes dos lugares que atravesa a diario, no camiño a un traballo perdido meses atrás. As complicadas relacións entre os protagonistas, a importancia da mensaxería electrónica na actualidade, a superposición de vidas imaxinadas e reais, o empeño en descubrir unha realidade intuída nun mínimo relampo de percepción, e sobre todo, o lento proceso de recuperación dunha persoa adicta á bebida que intenta, en vano, recordar actos que non cometeu e dos que outros a acusan, parécenos que ten un indubidable valor.
Por unha vez cedemos á tentación de ler un best-seller, e de seguir a La chica del tren, imaxinando a vida dos habitantes dos lugares que atravesa a diario, no camiño a un traballo perdido meses atrás. As complicadas relacións entre os protagonistas, a importancia da mensaxería electrónica na actualidade, a superposición de vidas imaxinadas e reais, o empeño en descubrir unha realidade intuída nun mínimo relampo de percepción, e sobre todo, o lento proceso de recuperación dunha persoa adicta á bebida que intenta, en vano, recordar actos que non cometeu e dos que outros a acusan, parécenos que ten un indubidable valor.
ANTOLOXÍA POÉTICA, Manuel María
Non é a lírica o xénero máis atractivo para as lectoras do Club. Entregarlles, xa que logo, unha
antoloxía poética é, salvo en raras excepcións, correr o risco de que o libro apenas se follee.
Por iso a responsable do Club fai sempre unha selección que reparte en fotocopias,
procurando que estean representadas a meirande parte das obras do autor seleccionado, os
temas principais (neste caso o Amor, a morte, a crítica social, a emigración, a lingua, a Terra
Chá), e que os poemas escollidos interpelen directamente a quen os le. Pero nin así.
O verdadeiro interese pola obra prodúcese cando se visita a casa do poeta e se andan as sendas que el andou.
O verdadeiro interese pola obra prodúcese cando se visita a casa do poeta e se andan as sendas que el andou.
![]() |
A xenciana, unha
das flores predilectas de Manuel María
|
EL PRIMER HOMBRE, Albert Camus
"Aquel non coñecera ao seu pai,
pero faláballe del a miúdo, cun aquel mitolóxico, e en todo caso, no momento
preciso, soubera substituír a ese pai. Por iso Jacques non o esquecera nunca.
(…) Pois o Señor Bernard, o seu mestre o ano do certificado de estudos, pesara
con todo o seu peso de home, nun momento dado, para modificar o destino daquel
neno que tiña ao seu cargo, e, de certo, modificárao."
O libro
por excelencia deste curso foi El primer hombre de Camus, suxerido por
unha das lectoras. Publicado moitos anos despois da súa morte, debería, na
nosa opinión, figurar en todas as
bibliotecas escolares. Porque nel elévase á categoría que lle corresponde ao
mestre laico, implicado ata o final na educación dos seus alumnos, e que logra
a verdadeira función de ascensor social que ten a escola.
El primer hombre abraiounos a todas. E a
imaxe dun Camus distante e frío, que contén as emocións ao describir a
Meursault en O estranxeiro, fundiuse coma a neve ante este relato, en
borrador, da súa infancia. Conmoveunos profundamente a pobreza dunha familia
para quen dous céntimos supoñen cartos, na que os adultos se esforzan para
procurar aos nenos unha existencia digna e estes viven felices nunha terra
vibrante de sol, con tal de poder correr ás súas anchas, ir á praia, xogar cos
amigos e ler. A lectura como táboa de salvación, como porta de acceso á
cultura, como medio de vida para mellorar a situación dos demais, e para
alcanzar incluso as máis altas cotas do prestixio literario. E o agradecemento
eterno a quen lle deu a aquel neno a posibilidade de seguir estudando, de quen
creu nel e lle abriu o camiño do futuro.
MISTRALIA, Eugenio Fuentes
"La vara de la justicia no es un metro de sastre que
mide siempre la misma cantidad de tela.Es un metro elástico que mide de
distinta forma la pana de la seda… No, no podrás demostrar nada".
Problemas actuais presentan tamén Mistralia, unha novela policíaca que cuestiona a "limpeza" das enerxías renovables.
Ao detective Ricardo Cupido a empresa Mistralia
encárgalle investigar o asasinato dunha das súas enxeñeiras, que aparece colgando das aspas dun eólico. E
malia descubrir a verdade non poderá facer encarcerar ao culpable, porque os
intereses económicos acalan a voz da xustiza.
Entrevista
a Eugenio Fuentes en "Página Dos" de TVE (22 ... -
https://www.youtube.com/watch?v=ZyEg0t1DdAI
FOUCELLAS, Talia Teatro

http://taliateatro.gal/gl/espectaculos/foucellas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)